Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 90

Animémonos uns ós outros

Animémonos uns ós outros

(Hebreos 10:24, 25)

  1. 1. Ó darnos forzas uns ós outros

    pra ser leais ó noso Pai,

    tamén aumenta o cariño,

    a unidade maila paz.

    Os irmanciños dannos folgos,

    coraxe, forzas e valor.

    Consolo e seguridade

    sentimos na congregación.

  2. 2. Palabras ditas ó seu tempo,

    que boas e xeitosas son!

    Amosan canto nos queremos

    e calman moitos corazóns.

    Que ben nos fan os bos amigos

    cos que servimos a Xehová!

    As nosas cargas compartimos

    e moito ánimo nos dan.

  3. 3. Moi preto vemos xa o día

    da guerra do gran Deus Xehová.

    Por iso é tan importante

    xuntarnos moito cos irmáns.

    Alegres pese ós perigos,

    xuntiños pra nos animar.

    Sigamos sempre moi unidos

    servindo fieis o noso Pai.

(Ver tamén Lc. 22:32; Feit. 14:21, 22; Gál. 6:2; 1 Tes. 5:14.)